¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

MENTORIZADAS

QUEN PODE SER MENTORIZADA?

Calquera empresa do sector da economía social pode participar no programa ES-MENTORING, terán prioridade as cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas de inserción, confrarías, as comunidades de montes, sociedades agrarias de transformación, sen prexuizo de que se poidan atender a outras entidades do sector, como as fundacións e asociacións con actividade económica e sen fins lucrativos, ou as mutualidades.

COMO E CANDO?

Hai dispoñibles 40 prazas para 40 empresas da economía social galega, cada unha terá ao seu dispor un servizo de mentorización que durará 17 horas, desenvolvido polas persoas mentoras do programa.

A participación en ES-MENTORING non ten custo económico para a empresa.

O programa desenvolverase durante o segundo semestre do ano 2023.

40 PRAZAS DISPOÑIBLES

As prazas cubriranse por orde de chegada

As empresas da economía social interesadas en participar no programa ES-MENTORING deberán solicitar a súa participación cubrindo o formulario de inscrición dispoñible na web:

www.es-mentoring.gal

COMPROMISOS

compromiso 1
Solicitar a inscrición
como entidade mentorizada no programa ES-MENTORING a través desta ligazón

compromiso 2
Participar nas xornadas
de presentación e peche do proxectos.

compromiso 3
Asinar o documento
de compromiso e aceptar as bases do programa.

compromiso 4
Participar nas actividades
propostas pola persoa mentora.

compromiso 5
Participar nas titorías
conxuntas coa mentora e/ou a coordinación do programa

compromiso 6
Cubrir e enviar os cuestionarios
de valoración do programa e achegar propostas de mellora.

Queres participar en ES-MENTORING?

Cubre o seguinte formulario de participación e contactaremos contigo á máxima brevedade

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Coordinación equipo técnico de Agaca e EspazoCoop

A COORDINACIÓN

EQUIPO TÉCNICO DE AGACA E ESPAZOCOOP

O persoal dos equipos técnicos da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias e a Unión de Cooperativas EspazoCoop realizarán a selección das empresas de economía social participantes no programa, o labor de encaixe entre mentoras e mentorizadas, e a coordinación dos procesos de mentorización. Dende a coordinación verificarase que o proceso de mentoría discorre do xeito esperado, cumprindo os compromisos e acordos.