¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

MENTORAS

FUNCIÓN DA PERSOA MENTORA

Achegar visión e asesorar á persoa mentorizada no deseño de novas perspectivas para os seus plans de desenvolvemento.

 

Axudar a superar obstáculos ofrecendo un espazo para compartir coñecementos, aprendizaxes, innovacións, dificultades ou aspiracións.

 

Convértense en persoas de confianza ao dispor das persoas mentorizadas para asesoralas, apoialas, aconsellalas cando o necesiten.

 

Os procesos de mentoría deben sen documentados mediante a cumprimentación dun modelo de acta que recolla os fitos principais de cada sesión.

 

Plan de traballo de ES-MENTORING

No desenvolvemento do programa de mentoring contemplamos tres fases: una inicial de formación, a segunda de desenvolvemento e a última, de peche. As tarefas e documentos claves de cada fase relaciónanse a continuación.

1| Formación: todas as participantes deberán ter unha formación mínima de 3 horas e media, nesta edición do programa. Expedirase certificación ás participantes.

  • Acción Formativa (4 h.) na modalidade de teleformación, onde se abordan temas que faciliten os procesos de mentorización entre as expertas e as entidades a mentorizar. Esixiráselle esta acción formativa ás persoas mentoras que se incorporen por vez primeira á rede de mentoras do programa ES-MENTORING 2023.

  • Acción formativa (4 h.) presencial, onde se traballen, dende a práctica, ferramentas, metodoloxías, documentos de traballo e habilidades, para dotar de recursos ás mentoras.

3| Contacto: propiciar o primeiro contacto entre mentora e mentorizada.

4| Desenvolvemento das mentorías: sesións periódicas en formato virtual ou presencial (mínimo 8) entre a entidade mentorizada e a mentora.

5| Encontro “networking”: en virtual ou presencial (2 h.), entre as persoas mentoras. Está previsto programalo cara a metade da execución do programa co obxectivo de propiciar o intercambio de coñecementos e experiencias entre as expertas.

6| Seguimento: por parte das entidades coordinadoras do proceso de mentoría con cada unha das empresas de economía social participantes e a persoa mentora asignada, coa finalidade de análise, diagnose e proposta de liñas de mellora ou de acción, corrección de desviacións, reasignación de mentoras se fose preciso ou outros. (6 h. distribuídas dentro das 17 h. totais).

7| Avaliación: facilitar formularios de avaliación do servizo e propostas de mellora. Recompilación das actas e documentación acreditativa dos procesos, e elaboración do informe final do proceso de mentoría.

QUEN PODE SER PERSOA MENTORA?

AS MENTORAS DEBEN CUMPRIR DOUS REQUISITOS:

  • Que sexan profesionais con experiencia nos diferentes ámbitos de actuación e áreas de traballo no que se enmarca o programa ES-MENTORING.

  • Que sexan profesionais que acrediten coñecemento en economía social, ben porque forman ou formaron parte dalgunha entidade do sector nalgún momento, ou porque teñen ou tiveron experiencia no acompañamento, asesoramento, ou na consultoría, con algunha entidade da economía social.

FUNCIÓN DA PERSOA MENTORA

A FUNCIÓN DA PERSOA MENTORA É:

  • Achegar a súa visión e asesorar á persoa mentorizada no deseño de novas perspectivas para os seus plans de desenvolvemento.

  • Axudar a superar obstáculos, ofrecendo un espazo para compartir coñecementos, aprendizaxes, innovacións, dificultades ou aspiracións.

  • Achegar confianza ás persoas mentorizadas para asesoralas, apoialas, e aconsellalas cando o necesiten.

COMPROMISOS


Comprometerse a prestar asesoramento á entidade mentorizada
achegando coñecementos, orientacións, contactos e experiencia.


Solicitar a inscrición como mentora do programa a través desta ligazón.


Participar nas xornadas de presentación e peche do proxecto.


Participar nas accións formativas de mentoring.


Participar
no encontro “Networking”.


Asinar o documento de Acordo de dispoñibilidade e compromiso.


Elaborar a Acta final
de cada sesión de mentoría realizada e achegala á persoa cooordinadora de referencia.


Cubrir e enviar os cuestionarios
de valoración do programa e achegar propostas de mellora.

CLAVES PARA UNHA BOA MENTORIZACIÓN DE PROXECTOS

O QUE AXUDA NO PROCESO

  Darlle ao proceso a prioridade e importancia necesarias.
  Crear ambiente de plena posibilidade, con responsabilidade sobre o impacto das decisións que tome a mentorizada, entendendo que esta é  responsable das súas decisións.
  Actuar con honestidade, potenciar o proceso de aprendizaxe.
  Transmitir á persoa mentorizada unha visión contextualizada  sobre o negocio, a empresa ou o contexto no que se sitúe.
  Trasladar as claves polas que se desenvolven os negocios na área ou sector na que se sitúa.
  Motivar e transmitir unha actitude proactiva.
  Compartir a experiencia propia e a rede de contactos, comentando as situacións clave que poidan ser de interese da persoa mentorizada.
  Solicitar retroalimentación á persoa mentorizada para ver de mellorar o proceso de mentoría.
  Gardar absoluta confidencialidade sobre os temas tratados.

O QUE DEBEMOS EVITAR

✘  Facer xuízos de valor sobre o a persoa mentorizada.
✘  O síndrome da persoa salvadora. Non se trata de resolver os problemas da outra persoa, senón de guiala para que encontre a súa propia solución.
✘  Non atender ás necesidades e demandas da persoa mentorizada, non querer “romper a axenda”.
✘  Non deixar espazo para que a persoa mentorizada fale e se exprese.
✘  Centrarse unicamente en éxitos, logros e puntos fortes e agochar as dificultades e problemas.