¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

ES-MENTORING diríxese ás empresas da economía social que teñen unha necesidade específica, ou que están nun momento de crise, proceso de cambio, transformación, innovación… e están interesadas en recibir orientación ou asesoramento sobre como enfocar a situación por parte de  persoas expertas en economía social que poidan ter pasado por situacións similares con anterioridade.

ACOMPAÑAMENTO E ASESORAMENTO CONTINUADO POR EMPRESAS MENTORAS
UNHA METODOLOXÍA COMÚN VALIDADA E ADAPTADA A CADA PROXECTO
TITORIZACIÓN CON PROFESIONAIS DE GRANDE EXPERIENCIA

 ES-MENTORING

ES-MENTORING dá resposta ás necesidade das empresas da economía social dende o coñecemento das súas especificidades e características e baseándose nos seus mesmos valores e principios.

Promovemos a creación dunha rede de mentorías na economía social que permita compartir os coñecementos, vivencias e habilidades dos profesionais con experiencia con outras entidades da economía social que precisan implementar melloras.

A mentorización realízase dende o respecto á natureza destas empresas: participación, integración, traballo colaborativo e colectivo e, sobre todo, valorizando as capacidades das persoas para desenvolver a actividade empresarial procurando un beneficio social e económico.

0
Solicitudes de mentorización recibidas
0
Persoas mentoras
0
Entidades mentorizadas
0
Horas de mentorías
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Queres recibir máis información?