A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias colaboran no desenvolvemento da edición 2023 do programa ES-Mentoring Acompañando á Economía Social, tralo éxito acadado no programa piloto realizado no 2022 que amosou a necesidade de consolidar un programa destas características para a economía social galega.
O programa ten como finalidade apoiar e consolidar ás cooperativas e demais entidades de economía social do tecido económico de Galicia, mediante a realización de servizos e procesos de mentoría, que permita compartir os coñecementos, vivencias e habilidades de profesionais con experiencia con outras entidades da economía social que precisan implementar melloras.
ES-MENTORING dá resposta ás necesidade das empresas da economía social sendo un programa coñecedor das súas especificidades e características, fundamentándose nos seus mesmos valores e principios.