Nado en Ribadeo en 1976, é Diplomado en Ciencias Empresariais e Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago.
Na actualidade é socio traballador de URDIME, S. Coop. Galega sendo o Responsable da área de Administración.
Experto na administración interna das cooperativas e en “Burrocracia” administrativa, ten unha traxectoria profesional de máis de vinte anos nas áreas de administración, contabilidade, subvencións e recursos humanos.
Con formación en organización e xestión de cooperativas, ten dado diversos cursos relacionados coa xestión e ferramentas ofimáticas.