Socia de Xedega S. Coop. Galega, é Graduada Social. Responsable do departamento de laboral como experta en xestión laboral e recursos humanos. Posúe unha traxectoria profesional de máis de 25 anos en xestión e asesoramento laboral e unha ampla experiencia na asesoría e consultoría. Tamén é colaboradora da Unión de Cooperativas EspazoCoop e a Rede Eusumo, ademais de ser formadora en xestión laboral.