¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
HIGINIO MOUGÁN BOUZÓN

HELENA SANMAMEDE MANEIRO

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

ÁREAS DE ESPECIALIZACIÓN MENTORING

  • ÁREA SOCIETARIA - ORGANIZATIVA E PRODUTIVA
  • ÁREA ECONÓMICO - FINANCEIRA
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Son licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, e que asistín a numerosos cursos relacionados coas empresas cooperativas e a economía social. Tamén teño impartido numerosos relatorios vinculados coas cooperativas e a economía social.

Dende o ano 1.988 exerzo o cargo de Director-Xerente da Unión de Cooperativas AGACA, poñendo en marcha as actividades e os servizos aos socios da entidade. Ao mesmo tempo, polos coñecementos académicos.

Ao mesmo tempo, teño máis de 35 anos de experiencia en asesoramento, aconsellamento e redacción de estudos de viabilidade no eido cooperativo, aspectos relacionados coa planificación estratéxica, organizativa e social de cooperativas agrarias. Participei impulsando numerosos proxectos de empresas cooperativas agrarias, dende novas cooperativas como resultado de fusión ou absorción, como de reactivación de empresas mercantís en quebra mediante a activación conxunta de cooperativas que hoxe dispoñen de centenares de traballadores e con elevadas facturacións. Dispoño de amplos coñecementos sectoriais en agricultura, gandería, alimentación e desenvolvemento rural.

Participo habitualmente en debates e coloquios relacionados coa economía agraria e rural, así como coas novas esixencias relacionadas coa sustentabilidade das mesmas. Participo en numerosos proxectos de ámbito europeo, organizados por AGACA ou por outras entidades. Teño numerosas participacións en estudos e traballos vinculados coas cooperativas, dende o Libro Branco do Cooperativismo en Galicia, ata traballos vinculados cosa reformas relacionadas coa lexislación cooperativa. Participo en foros de numerosos organismos públicos (Cogaco, Consello Galego da Economía Social, ...) como privados (Consello de Directores de Cooperativas Agro-alimentarias de España, Consello Consultivo do Cluster Alimentario de Galicia, ...)