Cecilia Carballido é profesional da xestión cultural especializada na produción de espectáculos ao vivo. Licenciada en Matemáticas pola USC desenvolve a súa carreira comezando no sector das artes escénicas hai máis de 25 anos traballando en compañías e empresas privadas do sector cultural.
Coa súa incorporación ao sector público no 2007 como xefa de produción de AGADIC, completa a experiencia público-privada. No 2010 regresa a tomar parte no traballo por proxectos e se incorpora como docente de FP nas materias de produción e xestión de espectáculos en vivo na escola O Raio Verde.
Ao tempo que traballa como formadora crea a cooperativa de traballo asociado CUNDE SCG, Cunde ofrece ao seus cliente o servizo de produción que cada evento precise. Baseándose na produción cultural evoluciona a súa experiencia nos últimos anos cara a conceptualización e o deseño integral de eventos especializándose na xestión de equipos humanos e na análise e mellora de enfoque e estrutura dos proxectos dos que forma parte.
Apaixonada das feiras profesionais e da rexeduría técnica cre no traballo en equipo e por tanto no traballo cooperativo como ferramenta fundamental do éxito na consecución de obxectivos.