Doutorada en estudos de políticas públicas de igualdade de xénero, mestrado en xestión de proxectos de cooperación internacional, mestrado en profesorado de formación profesional e licenciada en Ciencias Políticas e da administración.
Persoa socia traballadora de Arabías S.Coop.Galega. Responsable de Técnica de proxectos. Experta en feminismos e políticas de igualdade de xénero.
Experiencia profesional no ámbito das políticas de igualdade e na prevención das violencias machistas.
Traxectoria profesional de máis de 10 anos, na xestión de proxectos vinculados co eido da investigación social e os feminismos.
Formadora ou docente en materia de igualdade: políticas de xénero, prevención de acoso e violencias, economía feminista, transversalidade de xénero ou comunicación inclusiva e non sexista.