Graduado en Relacións Laborais e Recursos Humanos, e Máster en Prevención de Riscos Laborais e o tamén Máster en Xestión e Dirección laboral pola USC.
A súa traxectoria profesional aválao como técnico en cooperativismo e experto en economía social. Durante varios anos foi colaborador da administración, empresas e outros proxectos cooperativos, e participou como técnico da Rede Eusumo e do programa Responsabilízate da Xunta de Galicia. Actualmente tamén forma parte da comisión técnica de Coop 57 Galicia. Na actualidade é Consultor en Economía Social.
Excelente formador e mentor cun amplo e vasto coñecemento do eido do emprendemento, da economía social, do cooperativismo e da responsabilidade social empresarial.