Licenciado en Empresariales e experto contable, é persoa socia de Xiama. S.C.G. e responsable da dirección técnica. É experto no ámbito contable, fiscal, laboral e financeiro cunha traxectoria de máis de 35 anos nestes campos. Tamén é formador/docente en diversos seminarios en mentorías. Leva máis de 30 anos creando e asesorando cooperativas, participando en iniciativas de promoción do cooperativismo e tamén sendo formado no eido do cooperativismo.