¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
ANTONIO MANUEL INSUA LÓPEZ

ANTONIO MANUEL INSUA LÓPEZ

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

ÁREAS DE ESPECIALIZACIÓN MENTORING

  • ÁREA ECONÓMICO - FINANCEIRA
  • OUTRAS ÁREAS: CONTRATACIÓN PÚBLICA
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela.

Ten unha ampla traxectoria profesional no mundo cooperativo, onde foi xerente de Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais S. Coop. Galega durante máis de dezaoito anos, desenvolvendo nela, entre outras, as tarefas de xestión económica (orzamentos, contabilidade e fiscal, control de tesourería, etc.) e de todo o relativo aos procedementos de contratación pública.

Así mesmo, foi tamén membro do Consello Reitor e Interventor de Salgueiriños de Vivendas S. Coop. Galega e na actualidade é secretario do Consello Reitor de Salgueiriños de Consumo S. Coop. Galega.

Tamén é socio colaborador da Rede de Economía Solidaria e Alternativa de Galicia (Reas Galicia), onde presta apoio a tarefas de xestión económica.

É socio fundador da sección territorial de Coop57 en Galicia e desde 2019 ademais desempeña o cargo de secretaría técnica.