Diplomada en Educación social e Licenciada en Pedagoxía, dende 2015 son socia traballadora de Rexenerando S. Coop. onde desenvolvo a miña actividade profesional e coordino a área de facilitación de grupos e participación social.
Teño experiencia no deseño e execución de proxectos de intervención socio-educativa en ámbitos diversos como a igualdade de xénero, a educación ambiental ou a formación de persoas adultas. Estou centrada no traballo con grupos e no seu acompañamento na construción colectiva de condiciones de vida e de traballo máis xustas e sostibles. Para poder abordar toda esa complexidade, levo años formándome de maneira continua en ferramentas e habilidades para a xestión e facilitación de grupos. Dende 2018 formo parte do Instituto de Facilitación y Cambio (IIFAC-E).
Nos últimos anos tiven a oportunidade de acompañar a grupos e entidades diversas como formadora e facilitadora dos seus procesos grupais internos na busca dunha maior eficiencia e satisfacción das persoas que forman equipos profesionais.