Licenciada en Socioloxía con especialidade en Socioloxía do Traballo, ten unha traxectoria de máis de 30 anos na economía social galega. Experta en Organización cooperativa, comezou na Asociación para a Economía Social, con traballos de investigación e formación a cooperativas. Codirixiu a revista Cooperativismo e Economía Social.
Traballou na Federación de Cooperativas Sinerxia e na UCETAG, como técnica formadora e coordinadora de proxectos. Foi social da cooperativa Cidadanía durante 20 anos, traballando nos eidos da consultoría social e a participación cidadá.
Autora de publicacións e materiais didácticos sobre asembleas e procesos de participación, regulamento interno de cooperativas ou deseño organizativo.
Actualmente é responsable de Formación e Acompañamento na Escuela de Emprendedoras Juana Millán, promovida polo Grupo Cooperativo Tangente.
Tamén é socia activista de Árbore Consumo Consciente, Coop57, Nosa Enerxía e Fiare. Actualmente preside a Rede de Economía Social e Solidaria de Galicia (REAS Galicia).