A iniciativa ES-MENTORING, na súa primeira edición, é desenvolvida conxuntamente por Agaca e a Unión de Cooperativas EspazoCoop, coa colaboración da Xunta de Galicia. A presentación de resultados está prevista para o luns 26 de decembro no Hotel Puerta del Camino (rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n) en Santiago de Compostela.
A Xornada está destinada tanto ás mentoras participantes no programa como as organizacións mentorizadas nesta edición, ademais doutras entidades da economía social interesadas en coñecer este programa piloto (o Foro pola Economía Social Galega, Reas Galicia, as Comunidades de Montes, as Confrarías de Pescadores e Pescadoras, as Sociedades Laborais, as Cooperativas, …).
O programa, de 9.30 a 12.30 h., ten previsto ofrecer un Café antes da Benvida institucional a cargo da Xunta de Galicia, Agaca e EspazoCoop. A continuación, a presentación de resultados ES-MENTORING (por Teresa Balado, Técnica de EspazoCoop), a seguir exposición de Prácticas de Mentoría ES-Mentoring (con casos de mentoras e mentorizadas), despois da súa finalización pecharase a xornada para ofrecer un Cóctel-Networking.
Consulta o programa aquí