¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Cartel anunciador da Xornada de presentación de resultados de ES-MENTORING 2023

O 4 de decembro de 2023 presentaranse os resultados da 2ª Edición do programa ES-Mentoring.

 Asistencia previa inscrición nesta ligazón ata completar aforo.

Tanto as entidades mentorizadas como as profesionais mentoras que participaron na segunda edición da iniciativa ES-MENTORING teñen unha cita no Hotel Hotel Puerta del Camino (rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n) en Santiago de Compostela, o vindeiro luns 4 de decembro de 2023, para coñecer os resultados e valoracións acadadas. A xornada tamén está aberta a outras entidades da economía social que desexen coñecer mellor esta fórmula, desenvolvida conxuntamente por AGACA e ESPAZOCOOP, coa colaboración da Xunta de Galicia. 

O evento terá lugar de 10 a 14 horas. A benvida correrá a cargo do secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández López; da presidenta da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), Carmen Rodríguez, e da Presidenta da Unión de Cooperativas ESPAZOCOOP, Ana Olveira. De seguido, acontecerá a presentación de resultados e abrirase un diálogo entre participantes e público, seguido da exposición de casos de Mentoría ES-Mentoring (con mentoras e mentorizadas). Ao remate, unha mesa de intercambio de programas de mentoring (experiencias galegas e tamén de Andalucía), e, por último, a clausura, a cargo da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo López.

Consulta aquí o programa.