¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou na xornada de presentación de resulados xunto coas presidentas de AGACA e ESPAZOCOOP, Carmen Rodríguez e Ana Olveira, respectivamente.

O 4 de decembro presentáronse os resultados da segunda edición de ES-Mentoring

Corenta entidades de economía social participaron nesta edición de ES-Mentoring co obxectivo de reforzarse, medrar e consolidar a súa actividade.

Nesta edición consolidouse unha rede conformada por preto de 100 persoas mentoras na economía social que compartiu os seus coñecementos para implementar melloras nas entidades en materias como consultoría financeira, organización, xerencia ou comunicación.

O día 4 de decebro de 2023 celebrouse en Santiago de Compostela a presentación dos resultados da segunda edición de Es-Mentoring, o programa creado por EspazoCoop, Agaca e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para aconsellar e guiar ás empresas mentorizadas para o desenvolvemento dos seus proxectos de economía social.

A xornada contou coa participación de Elena Rivo López, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia; Pablo Fernández López, secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social; Ana Olveira Blanco, presidenta da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, e Carmen Rodríguez Rodríguez, presidenta da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca.

Es-Mentoring é un servizo que se dirixe ás empresas da economía social que teñen unha necesidade específica, que están nun momento de crise, nun proceso de cambio, transformación ou innovación, entre outras situacións, e están interesadas en recibir orientación sobre como enfocar eses retos por parte de persoas mentoras vinculadas coa economía social que poidan ter pasado por circunstancias similares.

Na edición deste ano de Es-Mentoring atendéronse un total de 40 entidades da economía social, das 53 solicitudes recibidas. Para iso, consolídase unha rede composta por 84 persoas expertas con elevados coñecementos sobre o funcionamento e procesos no tecido socioeconómico, das que 43 desenvolveron os procesos de mentoría en formato presencial e virtual nun total de 680 horas de mentoría. Segundo Ana Olveira Blanco, presidenta de EspazoCoop: “Un dos obxectivos do cooperativismo é a intercooperación e este programa ten moito dela, xa que as entidades participantes aprenden das vivencias e as habilidades das profesionais con experiencia doutras organizacións e empresas da economía social. Grazas aos coñecementos adquiridos agardamos que as diferentes entidades implementen melloras no desenvolvemento do seu traballo”.

Pola súa banda, Carmen Rodríguez Rodríguez, presidenta de Agaca, salientou: “Necesitamos darlle continuidade ao programa ES-MENTORING, para apuntalar procesos de mellora longos e abrir novos procesos. Abrir a máis cooperativas a ser mentorizadas, a ser axudadas; e a máis expertos da economía social a ser mentores. Ampliar e expandir ata formar unha gran rede de apoios, axudas, consellos, contactos e orientacións. Cremos que é un xeito práctico de formar, empoderar e acompañar as entidades que poden estar máis necesitadas”.