As entidades da economía social que participen no proxecto piloto terán acceso a mentorías especializadas con profesionais de contrastada experiencia na economía social galega.
O próximo 21 en Santiago, AGACA e EspazoCoop presentan ES-MENTORING, un programa que busca apoiar empresas de economía social mediante unha rede de mentorías que permita ás entidades mentorizadas implementar melloras dende a experiencia e a aprendizaxe doutras entidades mentoras con ampla traxectoria na economía social.A cita é no Hotel Puerta del Camino, de 09:30 h ás 13:00 h onde, ademais de presentarse os obxectivos e como participar, desvelarase a imaxe e web do programa e contará con relatorios de interese.En primeiro lugar, representantes de ANEL (Asociación de Empresas de Economía Social de Navarra) intervirán virtualmente para detallar boas prácticas das empresas mentoras en Economía Social; por outra banda, Margarita Aredo, directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, explicará os polos de Emprendemento para o impulso e a consolidación de proxectos, no marco da colaboración con ES-MENTORING.AGACA e EspazoCoop coordinan ES-MENTORING co financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
DESCARGAR PROGRAMA