O 21 de novembro celebrouse en Santiago de Compostela, a Xornada de presentación do proxecto ES-MENTORING, unha iniciativa nova, coordinada por AGACA e ESPAZOCOOP, dirixida a crear unha rede colaborativa entre persoas Mentoras e persoas Mentorizadas onde as primeiras servirán de guía a aquelas entidades que soliciten axuda nalgunha área da súa empresa (de economía social) na que teña dificultades ou aspire a mellorar.
Durante a xornada, os representantes das entidades organizadoras, Higinio Mougán, director-xerente de AGACA e Teresa Balado, responsable da área de Consultoría de ESPAZOCOOP, explicaron en detalle, as características do proxecto ante as persoas participantes (de forma presencial ou vía on-line)
Por outra banda, Elena Zabalza, de ANEL, Empresas de Economía Social de Navarra, expuxo a súa experiencia tras catro anos de ter comezado unha iniciativa similar no ámbito da súa entidade.
Aquelas persoas que desexen inscribirse como Mentoras deben entrar na sección MENTORAS da páxina web e solicitar o seu Rexistro. De ser aprobada a súa solicitude, recibirá unha mensaxe que lle permitirá Rexistrarse cun usuario e contraseña propios e así cubrir os formularios pertinentes.
Co fin de resultar unha experiencia construtiva e eficaz, as persoas mentoras deberán cumprir unha serie de requisitos como o de estar vinculado a unha entidade de economía social e amosar unha traxectoria e experiencia acordes coas expectativas previstas polas entidades organizadoras do proxecto.
As persoas que demanden a mentorización deben cubrir o formulario incluído na sección MENTORIZADAS e agardar a resposta correspondente.
En breve, compartiremos a intervención de Elena Zabalza.