ES-MENTORING é unha rede de mentorías creada no ámbito da Economía Social (ES). O seu obxectivo é apoiar e consolidar ás cooperativas e demais entidades de ES do tecido económico de Galicia, mediante a realización de procesos de mentoría, que permitan compartir os coñecementos, vivencias e habilidades de persoas con experiencia e prestixio profesional, con outras entidades da ES que precisan implementar melloras.
ES-MENTORING responde ás necesidades das empresas da ES dende a identificación coas súas especificidades e características, fundamentándose nos mesmos valores e principios.
Permite:
- A transferencia de coñecementos entre persoas mentoras e entidades mentorizadas.
- Beneficiarse das habilidades, capacidades e actitudes de persoas con ampla traxectoria na ES.
- intercambio de experiencias entre as entidades que precisas implementar melloras e as persoas que comparten o seu percorrido en situacións similares.
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias colaboran no desenvolvemento da edición 2023 do programa ES-MENTORING tralo éxito acadado no programa piloto realizado no 2022 que amosou a necesidade de consolidar un programa destas características para a Economía Social galega.