Técnico superior en Educación e Control Ambiental e Técnico superior en Guía e Asistencia Turística. É persoa socia en Teixugo S. Coop., ademais de responsable da xestión da cooperativa, xestión de proxectos e coordinación de equipos. Na actualidade traballa en Teixugo e é experta en xestión ambiental, xestión de proxectos, coordinación de equipos e intercooperación, grazas á súa traxectoria profesional de máis de 25 anos. Tamén é formadora/docente en múltiples cursos e programas de temática ambiental e cooperativa, e participa en múltiples programas e proxectos de economía social e eco-cooperativismo, ademais de ser membro do Consello Reitor en UGACOTA, participar na fusión resultante de EspazoCoop e ser membro de Coop57 e Nosa Enerxía.