A miña formación académica inclúe a licenciatura en Ciencias Matemáticas pola USC e vese acompañada do interese e correspondente formación en animación sociocultural na mocidade, e xa nos últimos anos a vinculada co coñecemento e participación en xornadas, encontros e seminarios arredor da xestión cultural, a responsabilidade social empresarial e o emprendemento, nomeadamente o desenvolto no entorno da economía social e en clave feminina.
A miña experiencia profesional pasa polo mundo da educación nos centros de formación do profesorado e os traballos vinculados ó Instituto Nacional de Estadística, no que no ano 2.014 solicito unha excedencia laboral para entrar a formar parte da cooperativa de traballo asociado: URDIME, S.Coop. galega (https://urdime.gal/) da que son socia traballadora dende ese momento hasta a actualidade na que son responsable da área de distribución de propostas culturais, como tal formo parte activa de entidades que agrupan a representatividade do sector, tanto o que se refire ás cooperativas de traballo como ó sector cultural galego, como responsable da Sectorial de Cultura de Espazocoop e membro do seu consello reitor.